Temáticas

As pesqueiras son construcións levantadas polas poboacións ribeiregas dende tempo inmemorial, para facilitar os labores de captura dos peixes do río Miño.

O goianés constitúe unha forma dialectal do galego que só se deu na pequena parroquia de Goián do concello de Tomiño.

O Val do Miño non só está habitado polas comunidades ribeiráns. Quen olla alén das beiras esquerda e dereita, pode ver ao lonxe o alto das montañas.

O xogo tradicional forma parte do patrimonio cultural dunha comunidade. Contribúe en planos como os da educación, o da cultura ou o da comunicación.

As feiras, festas e romarías constituían no pasado unha das escasas oportunidades de folgar.

As sociedades sempre se distinguiron pola construción diferenciada dos roles de xénero. Unha das áreas onde esa diferenciación se fai con maior visibilidade é na da cociña.