A pesca e o río

 

As pesqueiras son construcións levantadas polas poboacións ribeiregas dende tempo inmemorial, para facilitar os labores de captura dos peixes do río Miño. A súa propiedade, así como os coñecementos precisos para construílas e mantelas, defendéndoas dos embates do río, foron pasando de xeración en xeración ate os nosos días. Hoxe, moitas delas están en desuso, destruídas ou esquecidas e son poucas as persoas que aínda dominan as técnicas de construción das artes de pesca.

A lingua: o goianés

 

O goianés constitúe unha forma dialectal do galego que só se deu na pequena parroquia de Goián do concello de Tomiño e que no seu momento foi o xeito hexemónico de comunicación nestas terras.

 

Do goianés pouco se sabe. A peculiar ditongación que caracteriza esta fala, os xiros lingüísticos e os lexemas únicos que presenta non se atopan en ningún outro lugar dentro do sistema lingüístico do galego. Tampouco se coñece outra variedade da nosa lingua cunha localización espacial e marcos tan recoñecibles e estables tan claros como no seu caso.

Vida na montaña

 

O Val do Miño non só está habitado polas comunidades ribeiráns. Quen olla alén das beiras esquerda e dereita, pode ver ao lonxe o alto das montañas. Nelas viven comunidades rurais marcadas por unha profunda relación co territorio.

Isalina e a súa filla Leonor son veciñas de Castro Laboreiro, unha pequena poboación de montaña pertencente ao concello portugués de Melgaço. Castro Laboreiro está encravado entre montañas, nas profundidades do parque nacional Peneda-Gerês e trátase dunha das vilas máis emblemáticas do país luso.

Xogo tradicional

 

O xogo tradicional forma parte do patrimonio cultural dunha comunidade. Contribúe en planos como os da educación, o da cultura ou o da comunicación. Permite aprender a relacionarse dentro da comunidade, mostrando un carácter pedagóxico evidente. Ademais, implica a participación de toda a comunidade, fomentando a convivencia da diferencia e da igualdade, e do desenvolvemento das capacidades individuais e colectivas.

Cantiga, festa e romaría

 

As feiras, festas e romarías constituían no pasado unha das escasas oportunidades de folgar. Nelas, a festa profana engade ao ritual relixioso o sentimento cultural da comunidade, cunha forte presencia da música, a danza e o canto.

 

Instrumentos de percusión, a gaita, a concertina, o acordeón ou o cavaquinho, un dos instrumentos miñotos por excelencia, producían música para que os ouvintes escoitaran ou bailaran ao seu ritmo. No territorio galego e portugués do río Miño transfronteirizo constituíronse agrupacións musicais únicas, as treboadas,  só presentes na bisbarra do Baixo Miño e que se coñecen no norte de Portugal como Zes Pereiras.

Gastronomía

 

xénero. Unha das áreas onde esa diferenciación se fai con maior visibilidade é na da cociña. Cociñar e traballar os produtos usados na gastronomía das ribeiras do Miño constituía unha tarefa feminina. Neste senso, o escenario da gastronomía é a casa familiar, onde as mulleres actúan como herdeiras de saberes e técnicas ancestrais, pasadas de xeración en xeración.