Clica nunha área do mapa COVIDMiño para obter información do número de casos e incidencia acumulada, actualizados con data de 12/03/2021 as 10:30
Clica nunha área do mapa COVIDMiño para obter información do número de casos e incidencia acumulada, actualizados con data de 12/03/2021 as 10:30
Niveis de risco segundo a incidencia cumulativa:
Baixa: < 25
Moderada: 25 a 240
Alta: 240 a 480
Moi alta: 480 a 960
Extrema: > 960
COVIDMiño quere ser unha ferramenta útil para manter informada á poboación sobre a evolución da pandemia nos territorios galegos e portugueses á beira do río Miño.
Esta páxina recolle os datos actualizados do Covid-19 en base a fontes oficiais e achega á cidadanía as diferentes medidas sobre cuestións como a mobilidade laboral, réxime de apertura de hostalaría e restauración, educación e situación escolar, comercio e outras consideracións socio-sanitarias.
A información veraz e contrastada forma parte do proxecto Smart Minho favorecendo a cohesión social e territorial dos concellos do río Miño transfronteirizo.
Datos e Medidas de contención en Galicia e Portugal
Os datos e as medidas de aplicación en Galicia e Portugal presentes no COVIDMiño están actualizadas con data de 12/03/2021 as 10:30
Impacto do peche da fronteira
O AECT Río Minho e os concellos dos territorios transfronteirizos están recollendo datos co obxecto de reclamar dos gobernos dos estados portugués e español unha compensación polos prexuizos económicos causados á poboación destes territorios polo peche da fronteira dende o 31 de xaneiro de 2021.
As actuáis medidas de aplicación en Galicia e Portugal entraron en vigor o 26 de febreiro (Galicia) e o 31 de xaneiro (Portugal).
Peche da fronteira entre Galicia e Portugal. Pasos autorizados para quen o acredite debidamente:
Todos os concellos da raia atópanse en nivel 3 de incidencia, agás Oia que se atopa en nivel 2.
O goberno galego decretou un conxunto de medidas extraordinarias para conter a propagación da pandemia que, dende o venres 26 de febreiro, aplícanse do seguinte xeito:
Podes ampliar a información presente no COVIDMiño na páxina do Sergas
O goberno portugués decretou un conxunto de medidas extraordinarias para conter a propagación da pandemia que se aplican en todo o territorio:
As medidas estarán en vigor entre as 00:00h do día 31 de xaneiro de 2021 e as 23:59h do día 14 de febreiro de 2021.
Podes ampliar a información presente no COVIDMiño na páxina da Dirección Nacional de Saúde