Rosario Rocha

 

O Goianés

 

Rosario naceu en Tomiño no ano 1950. Aos 12 anos empezou a traballar de dependenta dun comercio en Goián, actividade que compatibilizaba coa asistencia á escola ata os 14 anos, cando se dedicou definitivamente ao traballo a tempo completo. Rosario mantén viva a utilización do goianés, empregándoo cando está na compaña de persoas que aínda o saben falar e que cada vez van sendo menos.