Isalina Fernandes

 

Vida na montaña

 

Isalina Fernandes fala en castrejo, un arcaísmo propio de Castro Laboreiro que ten sonoridade galega. As engurras do rostro e a súa mirada cansa presaxian o que ela mesma vai repetir en varias ocasións, que a súa foi unha vida dura.

 

Isalina, acompañada pola súa filla Leonor, que a observa atenta, repite: “a miña foi unha vida complicada, a vida da montaña é unha vida dura”. Volve ao pasado co pensamento e lembra como moitos dos seus veciños e veciñas emigraron a Francia, abandonando os seus fogares en busca dunha vida mellor. Un éxodo cruel que os homes e mulleres de Castro Laboreiro acometían a pé, pois entre os máis pobres, tamén había clases e Isalina, lembra que a xente da aldea que emigraba facíao camiñando.