O director do AECT Rio Minho participa no encontro anual de agrupamentos europeos para presentar a entidade miñota
O director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, participou no 9th Annual Meeting of EGTC Platform (no encontro anual de agrupamentos europeos) celebrado en Palma de Mallorca. Nel presentou formalmente o agrupamento galego-portugués ante o resto de entidades europeas.
Esta é a primeira vez que o AECT Rio Minho asiste a este encontro anual xa que a entidade conta con apenas un ano de vida. Porén, os esforzos realizados polo organismo en materia de mobilidade transfronteiriza contaron xa cun lugar destacado, segundo sinalou Benítez. Así, por exemplo, un dos máximos expertos en materia de cooperación transfronteiriza da Comisión Europea, Dirk Peters, deu boa conta do traballo desenvolto polo AECT Rio Minho neste senso. Sinalou as reunións realizadas polo agrupamento durante o mes de setembro no marco da iniciativa B-Solutions para analizar os obstáculos legais da mobilidade na fronteira do río Miño.
O organismo galego portugués vén desenvolvendo un importante traballo en materia de mobilidade transfronteiriza
Outros
proxectos destacados por Benítez durante o encontro foron a elaboración da
Estratexia Rio Minho 2030, que se publicará proximamente, ou a creación da
marca Rio Minho.
A cita serviu ademais para tratar as cuestións de actualidade máis relevantes no referido á Cooperación Transfronteiriza como cal debe ser o rol dos AECTs nos futuro da cooperación territorial europea, o análise dos mecanismos de cooperación transfronteiriza e os novos regulamentos que rexerán os fondos do vindeiro marco financeiro 2021 – 2027.
A ETCG Platform integra a representantes políticos e técnicos de todas os AECT existentes, agrupamentos en constitución. Tamén a membros do Grupo de Expertos e Expertas, así como asociacións e outras partes interesadas. O obxectivo da plataforma é permitir que todos os axentes interesados intercambien as súas experiencias e boas prácticas e melloren a comunicación sobre as oportunidades e retos dos AECT.
AECT Rio Minho
O 4 de abril de 2018 a Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho crean o AECT Rio Minho. A través dunha das accións do proxecto Smart Minho (cofinanciado ao 75% por fondos FEDER) e o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez é designado como director do ente.
NA FOTO: O director do AECT Rio Miño, Uxío Benítez (esquerda) xunto con Michael Dejozé, Director do AECT Euregio Meuse-Rhine (DE-NL-BE), e, no centro, o secretario da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE) Martin Guillermo-Ramirez, na conferencia de presentación dos novos AECT.


Baixo a coordinación da AECT Río Miño, un equipo de expertos e expertas das 6 universidades públicas do norte de Portugal e Galiza lideraron este traballo, polo que os resultados contan tamén cun aval académico e tanto a nivel institucional como social o resultado foi moi positivo”, segundo indicou o director da AECT Río Miño e deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez. “Realizáronse ata 10 encontros bilaterais entre concellos galegos e cámaras municipais portuguesas e numerosas reunións de traballo no que participaron os diferentes gobernos locais”, engadiu.
Por último, o director da Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais, Valerià Paül, calificou o proceso de “éxito” e valorou a alta participación e implicación da sociedade civil. Paül adiantou que “tras estes meses de traballo hai moitas modificacións no documento borrador que se presentou no I Fórum, o cal é unha magnifica noticia porque quere dicir que se debateu de verdade, e anunciou que se recolleron preto dun centenar de propostas que formarán parte do ‘Plan de Acción do Río Miño Transfronteirizo 2030’”.
Ao longo da xornada quedou manifesto o compromiso e implicación de todos os axentes sociais, económicos e culturais, así como das autoridades políticas, para seguir traballando nos próximos meses na elaboración da ‘Estratexia 2030’, un plan enmarcado dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza Smart Minho, e que se presentará nun II Fórum Transfronteirizo a finais de 2018. A realización dun estudo e diagnose do territorio do río Miño transfronteirizo como espazo común espertou un palpable sentimento de entusiasmo entre as persoas asistentes.
Fondos europeos para os territorios transfronteirizos
