A AECT Río Miño

image_pdfimage_print
titulo-01

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) é un instrumento de cooperación, con personalidade xurídica propia, integrada pola Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho.

 

Constituíuse en Valença o 24 de febreiro de 2018 para superar as dificultades atopadas na implementación de proxectos no territorio transfronteirizo.

uxio

DIRECTOR

Uxío Benitez

Deputado de Cooperación
Transfronteiriza da Deputación

joao-fernando

CIM ALTO MINHO

VICE DIRECTOR

João Fernando Brito Nogueira

Presidente da Câmara
Municipal de Vila Nova de Cerveira

A AECT Río Miño ten por obxectivo lograr a máxima cohesión económica e social da rexión transfronteiriza do val do Río Miño a través da posta en marcha de programas, proxectos e accións comúns entre os territorios galego e portugués con iniciativas como:

ondas

A VALORIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DO TERRITORIO

A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL COMÚN

A CAPTACIÓN DE FINANCIAMENTO EUROPEO E ESTATAL PARA AS DIFERENTES INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO

A CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DUNHA MARCA TURÍSTICA “RÍO MIÑO” COMO ELEMENTO DE IDENTIFICACIÓN DO TERRITORIO

SERVIZOS E EQUIPAMENTOS COMPARTIDOS ENTRE OS CONCELLOS DE AMBAS BEIRAS DO RÍO

titulo-02

O Val transfronteirizo do Miño está situado no eixo Vigo-Porto

EXTENSIÓN
3.312 km2

POBOACIÓN
376.000 habitantes, sendo a fronteira ibérica máis poboada e a máis transitada

MOBILIDADE
Concentra o 47% do tránsito medio de vehículos entre ambos estados

ondas-blancas

POTENCIALIDADES DO TERRITORIO

ondas-blancas
icono-aect-01-w

Situación estratéxica

icono-aect-02-w

Longa e consolidada tradición de cooperación transfronteiriza

icono-aect-03-w

Patrimonio lingüístico, arqueolóxico, arquitectónico e cultural común

icono-aect-04-w

Áreas naturais protexidas (rede natura 2000)

icono-aect-05-w

Diversidade e calidade medioambiental, variada gama de ecosistemas naturais e espazos naturais de grande interese

icono-aect-06-w

Fronteira más poboada entre España e Portugal

icono-aect-07-w

Paisaxe litotal común de importante valor cultural, natural e turístico

icono-aect-08-w

Recursos endóxenos transfronteirizos con potencial para ser comercializados e transformados

icono-aect-09-w

Sector marítimo pesqueiro, produtos agrícolas e turismo

titulo-03

A Eurorrexión Galiza – Norte de Portugal e o Arco Altántico

O territorio do Río Miño Transfronteirizo intégrase na Eurorrexión de Galiza – Norte de Portugal, que inclúe a totalidade de Galiza e o Norte de Portugal (51.000 km), con preto de 6,5 millóns de habitantes.

mapa2-w
unha-longa-tradicion-de-cooperacion-w

Numerosas experiencias previas dan boa conta dunha longa tradición de cooperación transfronteiriza no territorio do Río Miño.

 

En 2005 créase a Asociación do Val do Minho Transfronteirizo, Uniminho, formada por 21 concellos. Tamén hai que destacar a creación das eurocidades Valença – Tui, Salvaterra – Monção e Tomiño – Cerveira, así como o uso compartido dos servizos municipais  como piscinas, conservatorio ou a escola de música.

Aquí tes toda a información da Agrupación Europea de Cooperación Territorial en formato PDF, descargable nun so clic.

Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza Río Miño nace froito da actividade 4 do proxecto Smart Minho, que contemplaba a creación dunha estrutura de cooperación e gobernanza transfronteiriza estable que teña como finalidade a defensa da xestión compartida dos servizos entre todos os actores existentes na contorna do río Miño internacional.