COVIDMiño recolle datos e medidas extraordinarias de aplicación nos concellos do río Miño transfronteirizo, actualizados en base a fontes oficiais. Accede a páxina e clica nunha área do mapa para obter información do número de casos e incidencia acumulada.
O AECT Río Minho e os concellos dos territorios transfronteirizos están recollendo datos co obxecto de reclamar dos gobernos dos estados portugués e español unha compensación polos prexuizos económicos causados á poboación destes territorios polo peche da fronteira dende o 31 de xaneiro de 2021.
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) é un instrumento de cooperación, con personalidade xurídica propia, integrada pola Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho.
Constituíuse en Valença o 24 de febreiro de 2018 para superar as dificultades atopadas na implementación de proxectos no territorio transfronteirizo.
A AECT Río Miño ten por obxectivo lograr a máxima cohesión económica e social da rexión transfronteiriza do val do Río Miño a través da posta en marcha de programas, proxectos e accións comúns entre os territorios galego e portugués con iniciativas como:
A VALORIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DO TERRITORIO
A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL COMÚN
A CAPTACIÓN DE FINANCIAMENTO EUROPEO E ESTATAL PARA AS DIFERENTES INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO
A CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DUNHA MARCA TURÍSTICA “RÍO MIÑO” COMO ELEMENTO DE IDENTIFICACIÓN DO TERRITORIO
SERVIZOS E EQUIPAMENTOS COMPARTIDOS ENTRE OS CONCELLOS DE AMBAS BEIRAS DO RÍO
O Val transfronteirizo do Miño está situado no eixo Vigo-Porto
EXTENSIÓN
3.312 km2
POBOACIÓN
376.000 habitantes, sendo a fronteira ibérica máis poboada e a máis transitada
MOBILIDADE
Concentra o 47% do tránsito medio de vehículos entre ambos estados
POTENCIALIDADES DO TERRITORIO
Situación estratéxica
Longa e consolidada tradición de cooperación transfronteiriza
Patrimonio lingüístico, arqueolóxico, arquitectónico e cultural común
Áreas naturais protexidas (rede natura 2000)
Diversidade e calidade medioambiental, variada gama de ecosistemas naturais e espazos naturais de grande interese
Fronteira más poboada entre España e Portugal
Paisaxe litotal común de importante valor cultural, natural e turístico
Recursos endóxenos transfronteirizos con potencial para ser comercializados e transformados
Sector marítimo pesqueiro, produtos agrícolas e turismo
A Eurorrexión Galiza – Norte de Portugal e o Arco Altántico
O territorio do Río Miño Transfronteirizo intégrase na Eurorrexión de Galiza – Norte de Portugal, que inclúe a totalidade de Galiza e o Norte de Portugal (51.000 km), con preto de 6,5 millóns de habitantes.
Numerosas experiencias previas dan boa conta dunha longa tradición de cooperación transfronteiriza no territorio do Río Miño.
En 2005 créase a Asociación do Val do Minho Transfronteirizo, Uniminho, formada por 21 concellos. Tamén hai que destacar a creación das eurocidades Valença – Tui, Salvaterra – Monção e Tomiño – Cerveira, así como o uso compartido dos servizos municipais como piscinas, conservatorio ou a escola de música.
Aquí tes toda a información da Agrupación Europea de Cooperación Territorial en formato PDF, descargable nun so clic.
A Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza Río Miño nace froito da actividade 4 do proxecto Smart Minho, que contemplaba a creación dunha estrutura de cooperación e gobernanza transfronteiriza estable que teña como finalidade a defensa da xestión compartida dos servizos entre todos os actores existentes na contorna do río Miño internacional.
O mapa COVID Miño recolle datos e medidas extraordinarias de aplicación nos concellos do río Miño transfronteirizo, actualizados en base a fontes oficiais. Accede a páxina e clica nunha área do mapa para obter información do número de casos e incidencia acumulada.
Actividade a desenvolver: Actividades de promoción e animación da rede de eurocidades de Río Minho dentro do proxecto REDE_LAB_MINHO, cofinanciado polo Programa Interreg V A
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) é un instrumento de cooperación, con personalidade xurídica propia, integrada pola Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho.
Constituíuse en Valença o 24 de febreiro de 2018 para superar as dificultades atopadas na implementación de proxectos no territorio transfronteirizo.
A AECT Río Miño ten por obxectivo lograr a máxima cohesión económica e social da rexión transfronteiriza do val do Río Miño a través da posta en marcha de programas, proxectos e accións comúns entre os territorios galego e portugués con iniciativas como:
A VALORIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DO TERRITORIO
A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL COMÚN
A CAPTACIÓN DE FINANCIAMENTO EUROPEO E ESTATAL PARA AS DIFERENTES INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO
A CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DUNHA MARCA TURÍSTICA “RÍO MIÑO” COMO ELEMENTO DE IDENTIFICACIÓN DO TERRITORIO
SERVIZOS E EQUIPAMENTOS COMPARTIDOS ENTRE OS CONCELLOS DE AMBAS BEIRAS DO RÍO
O Val transfronteirizo do Miño está situado no eixo Vigo-Porto
EXTENSIÓN
3.312 km2
POBOACIÓN
376.000 habitantes, sendo a fronteira ibérica máis poboada e a máis transitada
MOBILIDADE
Concentra o 47% do tránsito medio de vehículos entre ambos estados
POTENCIALIDADES DO TERRITORIO
Situación estratéxica
Longa e consolidada tradición de cooperación transfronteiriza
Patrimonio lingüístico, arqueolóxico, arquitectónico e cultural común
Áreas naturais protexidas (rede natura 2000)
Diversidade e calidade medioambiental, variada gama de ecosistemas naturais e espazos naturais de grande interese
Fronteira más poboada entre España e Portugal
Paisaxe litotal común de importante valor cultural, natural e turístico
Recursos endóxenos transfronteirizos con potencial para ser comercializados e transformados
Sector marítimo pesqueiro, produtos agrícolas e turismo
A Eurorrexión Galiza – Norte de Portugal e o Arco Altántico
O territorio do Río Miño Transfronteirizo intégrase na Eurorrexión de Galiza – Norte de Portugal, que inclúe a totalidade de Galiza e o Norte de Portugal (51.000 km), con preto de 6,5 millóns de habitantes.
Numerosas experiencias previas dan boa conta dunha longa tradición de cooperación transfronteiriza no territorio do Río Miño.
En 2005 créase a Asociación do Val do Minho Transfronteirizo, Uniminho, formada por 21 concellos. Tamén hai que destacar a creación das eurocidades Valença – Tui, Salvaterra – Monção e Tomiño – Cerveira, así como o uso compartido dos servizos municipais como piscinas, conservatorio ou a escola de música.
Aquí tes toda a información da Agrupación Europea de Cooperación Territorial en formato PDF, descargable nun so clic.
A Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza Río Miño nace froito da actividade 4 do proxecto Smart Minho, que contemplaba a creación dunha estrutura de cooperación e gobernanza transfronteiriza estable que teña como finalidade a defensa da xestión compartida dos servizos entre todos os actores existentes na contorna do río Miño internacional.
DIRECTOR
Uxío Benitez
Deputado de Cooperación
Transfronteiriza da Deputación
VICE DIRECTOR
João Fernando Brito Nogueira
Presidente da Câmara
Municipal de Vila Nova de Cerveira