Novas formas de posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) do Rio Miño Transfronteirizo

LIVHES responde a unha necesidade europea, un desafío territorial compartido pola áreas escasamente poboadas do sur europeo: atopar e aplicar novas fórmulas de posta en valor do seu importante Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), promovido e recoñecido pola UNESCO, como ferramenta de desenvolvemento económico sustentábel e de cohesión territorial.

Obxectivos no Río Miño transfronteirizo

O AECT Rio Minho continúa a desenvolver a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial transfronteirizo. Primerio foron o rexistro dos Tesouros Humanos Vivos, recoñecidos pola UNESCO, e un estudo sobre as pesquerías da lamprea, ambas accións incluídas no proxecto SMART_MINHO. Pois ven, agora, dentro do proxecto LIVHES, imos traballar no rexistro de actores que interveñen na valorización do PCI e na selección de boas prácticas do PCI no territorio para ser visibilizadas a estala internacional a través do Programa Operativo SUDOE.

Un dos obxectivos do proxecto europeo LIVHES neste espazo transfronteirizo é ter un amplo rexistro de persoas, asociacións e entidades que nos amose quen traballa co PCI no territorio. Isto permitiranos organizar mellor un foro internacional sobre o PCI e no futuro Centro do Patrimonio, onde deberán estar representadas as mellores expresións do noso rico patrimonio cultural inmaterial.

 

Obxectivos xerais

O partenariado do proxecto, no que están entidades portuguesas (Município de Barcelos), españolas (Universidade Pública de Navarra, Diputación de Burgos, Diputación de Teruel e o ICRPC catalán) e francesas (Pôle Métropolitain Pays de Béarn, Institut Occitan de Cultura CIRDOC e Communauté de communes Pyrénées Haut Garonnaises), ten como finalidade levar a cabo varias accións:
– Identificar e estudar as mellores prácticas en torno á posta en valor do PCI como motor de desenvolvemento local e cohesión territorial.
– Desenvolver unha metodoloxía común para a posta en valor do PCI e unha estratexia adaptada a cada rexión participante que integre as mellores prácticas e dea resposta aos problemas detectados.
– Experimentar a metodoloxía proposta a través de 8 “experiencias piloto” que emparellen o desenvolvemento sutentábel coa posta en valor do PCI.
– Difundir o modelo SUDOE a través da creación dunha rede e un plan de traballo.