Espazo virtual transfronteirizo de participación cidadá

image_pdfimage_print

Mesas sectoriais: Participa coas túas propostas e suxestións en cada unha das catro áreas

Mesa 1 “Sectores produtivos”

Mesa 2 “Redes de gobernanza”

Mesa 3 “Mobilidade e servizos compartidos” e “Turismo sustentable”

Mesa 4 “Cultura e comercio tradicional”

Documento Xeral (próximamente)

Próximamente publicarase o documento completo da estratexia para que poida participar coas súas propostas e suxestións

Enquisa (próximamente)

Próximamente se publicará unha enquisa. A súa participación é importante!

Coñece máis

Que é a “Estratexia 2030” do río Miño Transfronteirizo?

Detrás da denominación ESTRATEXIA DE COOPERACIÓN INTELIXENTE DO RIO MINHO TRANSFRONTEIRIZO, “ESTRATEXIA 2030”, atopamos un programa de actuación conxunta dos actores públicos e privados do territorio do río Miño na área do norte de Portugal e sur da provincia de Pontevedra. Este traballo de análise profunda do espazo transfronteirizo ten como horizonte futuro o novo marco financeiro europeo 2023-2027.

 

“A Estratexia 2030” desenvolve un plan de acción e implementa un proceso capaz de involucrar aos actores públicos e privados (axentes económicos e sociais presentes no territorio) e será un D- desenvolver uma agenda estratégica numa lógica de documento orientador das politicasocumento-guía da orientación das políticas públicas depúblicas de financiamento desta região transfronteiriça; desenvolvemento da área transfronteiriza do río Miño, orientado e integrado nunha perspectiva de valoración económica e sustentável dos recursos, tendo como elo agregador a zona fronteiriça do rio Minho;e uso económico e sustentable dos recursos do río internacional.

 

A encargada de impulsar a Estratexia sería a Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño (AECT-Río Miño),  constituída pola Deputación de Pontevedra no territorio do Miño pontevedrés e pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho portugués (CIM Alto Minho).

 

A Estratexia de Cooperación Intelixente do rio Minho Transfronteirizo conta co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2010 (INTERREG V-A)

Equipo científico
alberto-rio

JOSÉ ALBERTO RIO FERNANDES

  • Xeógrafo.
  • Profesor Catedrático da Universidade do Porto.
  • Presidente da Associación Portuguesa de Xeógrafos.
  • Editor da GOT – Revista de Geografia e Ordenamento do Território.
  • Coordinador do grupo de estudos urbanos e desenvolvemento territorial do CEGOT.
  • Ex. Secretário Xeral da Fundación Centro de Estudos Euro-Rexionais Galicia-Norte de Portugal.
  • Especialista en estudos urbanos, urbanismo, planexamento e desenvolvemento territorial.

ruben-lois-gonzalez

RUBÉN CAMILO LOIS GONZÁLEZ

  • Catedrático de Análise Xeográfica Rexional e Coordinador do grupo de investigación de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Especialista en xeografía e planeamento urbano, estudos rexionais, planificación rexional e xeografía social.
  • Foi director xeral de Turismo na Xunta de Galicia e director da Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal.

anxo-calvo-silvosa

ANXO CALVO SILVOSA

  • Diplomado en Ciencias Empresariais (USC).
  • Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Sección Empresariais (USC).
  • Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais (UDC).
  • Profesor Titular de Universidade da área de Economía Financeira e Contabilidade.
  • Membro do Departamento de Empresa e da Facultade de Economía e Empresa da UDC.
  • Vicerreitor de Estratexia e Planificación Económica (2004-2005) da UDC.
  • Director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellaría de Innovación e Industria na Xunta de Galicia (2005-2009).
  • Decano da Facultade de Economía e Empresa (2001 até a actualidade).
  • Coordinador do Grupo de Investigación en Regulación, Economía e Finanzas da UDC.
  • Docencia actual na UDC: Planificación Financeira, Valoración Financeira, Dirección Xeral, Obradoiros de Directivos.
  • Experiencia docente Internacional: Impartiu aulas en diferentes universidades de España, Irlanda, Reino Unido, Alemaña e Polonia.
  • Investigación: na actualidade está centrada na relación entre a Economía Financeira e a Enerxía.

sandra-antunes

SANDRINA ANTUNES

  • Profesora do Departamento de Relacións Internacionais e Administración Pública da Universidade do Minho.
  • Membro integrado do Centro de Investigación en Ciencia Política (CICP) na Universidade do Minho.
  • Doutorada en Ciencia Política pola Universidade Libre de Bruxelas.
  • Licenciada en Relacións Internacionais e mestra en Antropologia Política pola Universidade do Minho.

martinez-cobas

FRANCISCO XAVIER MARTÍNEZ COBAS

  • Profesor de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade de Vigo.
  • Ten un máster en Contabilidade e Auditoría de Contas e é doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. É membro do grupo de investigación Empresa Internacional e Intanxibles.
  • É experto na actividade transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal e traballa en proxectos financiados pola Deputación de Pontevedra, a Zona Franca de Vigo, o Eixo Atlántico e a Fundación Provigo.

carballo-cruz

FRANCISCO CARBALLO CRUZ

  • Profesor do Departamento de Economia e Vice-presidente da Escola de Economia e Administración da Universidade do Minho.
  • Doutor pola Universidade de Oxford (Reino Unido).
  • Director da UMinhoExec – Executive Business Education.
  • Integra as Direccións da TECMINHO, do EURES Transfronteiriço Galicia-Norte de Portugal e do IEMINHO.
  • Membro nato do Foro Económico da Galicia e do Foro de Entorno Socioeconómico do Círculo de Empresarios de Galicia.

paul-carril

VALERIÀ PAÜL CARRIL

  • Director da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal.
  • Profesor da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Doutor en Planificación Territorial e Desenvolvemento Rexional e licenciado en Xeografía pola Universidade de Barcelona.
  • Especialista en ordenación e xestión territorial.

manuel-rodriguez

MANUEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

  • Técnico da Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais para o proxecto Smart Minho.
  • Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Ten un máster en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Vigo e en Espazos Naturais Protexidos polas universidades Complutense de Madrid, Autónoma de Madrid e de Alcalá de Henares.

X