Espazo virtual transfronteirizo de participación cidadá

image_pdfimage_print

Plan de Mobilidade Sustentable do Río Miño Transfronteirizo (PMST)

 

PARTICIPA!

 

II Fórum do Río Miño Transfronteirizo

DATA HORA MESAS SECTORIAIS CONCELLO/LUGAR DE REUNIÓN
24 de Setembro 16h. (hora portuguesa)
17h. (hora galega)
Mesa sectorial de gobernanza TUI
(Edificio Área Panorámica)
27 de Setembro 16h. (hora portuguesa)
17h. (hora galega)
Mesa sectorial de cultura e comercio tradicional VALENÇA
(Sede da AECT Rio Minho)
3 de Outubro 16h. (hora portuguesa)
17h. (hora galega)
Mesa sectorial de mobilidade, servizos compartidos, turismo sustentable VALENÇA
(Sede da AECT Rio Minho)
8 de Outubro 16h. (hora portuguesa)
17h. (hora galega)
Mesa sectorial de sectores produtivos TUI
(Edificio Área Panorámica)

O calendario está suxeito a actualizacións diarias e pode sufrir cambios.

Mesa 1 “Sectores produtivos”

Mesa 2 “Redes de gobernanza”

Mesa 3 “Mobilidade e servizos compartidos” e “Turismo sustentable”

Mesa 4 “Cultura e comercio tradicional”

Documento Xeral

Aquí podes ver o borrador da Estratexia de Cooperación do Río Minho Transfronteirizo 2030

Enquisa (finalizada)

Grazas por participar na Estratexia do territorio Río Miño transfronteirizo

Coñece máis

Que é a “Estratexia 2030” do río Miño Transfronteirizo?

Detrás da denominación ESTRATEXIA DE COOPERACIÓN INTELIXENTE DO RIO MINHO TRANSFRONTEIRIZO, “ESTRATEXIA 2030”, atopamos un programa de actuación conxunta dos actores públicos e privados do territorio do río Miño na área do norte de Portugal e sur da provincia de Pontevedra. Este traballo de análise profunda do espazo transfronteirizo ten como horizonte futuro o novo marco financeiro europeo 2023-2027.

 

‘A Estratexia 2030’ desenvolve un plan de acción e implementa un proceso capaz de involucrar aos actores públicos e privados (axentes económicos e sociais presentes no territorio) e desenvolver uma agenda estratégica numa lógica de documento orientador das politicas documento-guía da orientación das políticas públicas  de financiamento desta região transfronteiriça; desenvolvemento da área transfronteiriza do río Miño, orientado e integrado nunha perspectiva de valoración económica e sustentável dos recursos, tendo como elo agregador a zona fronteiriça do rio Minho; e uso económico e sustentable dos recursos do río internacional.

 

A encargada de impulsar a Estratexia sería a Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño (AECT-Río Miño),  constituída pola Deputación de Pontevedra no territorio do Miño pontevedrés e pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho portugués (CIM Alto Minho).

A Estratexia de Cooperación Intelixente do rio Minho Transfronteirizo conta co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2010 (INTERREG V-A)

Equipo científico
sandra-antunes

SANDRINA ANTUNES

  • Profesora do Departamento de Relacións Internacionais e Administración Pública da Universidade do Minho.
  • Membro integrado do Centro de Investigación en Ciencia Política (CICP) na Universidade do Minho.
  • Doutorada en Ciencia Política pola Universidade Libre de Bruxelas.
  • Licenciada en Relacións Internacionais e mestra en Antropologia Política pola Universidade do Minho.

anxo-calvo-silvosa

ANXO CALVO SILVOSA

  • Diplomado en Ciencias Empresariais (USC).
  • Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Sección Empresariais (USC).
  • Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais (UDC).
  • Profesor Titular de Universidade da área de Economía Financeira e Contabilidade.
  • Membro do Departamento de Empresa e da Facultade de Economía e Empresa da UDC.
  • Vicerreitor de Estratexia e Planificación Económica (2004-2005) da UDC.
  • Director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellaría de Innovación e Industria na Xunta de Galicia (2005-2009).
  • Decano da Facultade de Economía e Empresa (2001 até a actualidade).
  • Coordinador do Grupo de Investigación en Regulación, Economía e Finanzas da UDC.
  • Docencia actual na UDC: Planificación Financeira, Valoración Financeira, Dirección Xeral, Obradoiros de Directivos.
  • Experiencia docente Internacional: Impartiu aulas en diferentes universidades de España, Irlanda, Reino Unido, Alemaña e Polonia.
  • Investigación: na actualidade está centrada na relación entre a Economía Financeira e a Enerxía.

carballo-cruz

FRANCISCO CARBALLO CRUZ

  • Profesor do Departamento de Economia e Vice-presidente da Escola de Economia e Administración da Universidade do Minho.
  • Doutor pola Universidade de Oxford (Reino Unido).
  • Director da UMinhoExec – Executive Business Education.
  • Integra as Direccións da TECMINHO, do EURES Transfronteiriço Galicia-Norte de Portugal e do IEMINHO.
  • Membro nato do Foro Económico da Galicia e do Foro de Entorno Socioeconómico do Círculo de Empresarios de Galicia.

alberto-rio

JOSÉ ALBERTO RIO FERNANDES

  • Xeógrafo.
  • Profesor Catedrático da Universidade do Porto.
  • Presidente da Associación Portuguesa de Xeógrafos.
  • Editor da GOT – Revista de Geografia e Ordenamento do Território.
  • Coordinador do grupo de estudos urbanos e desenvolvemento territorial do CEGOT.
  • Ex. Secretário Xeral da Fundación Centro de Estudos Euro-Rexionais Galicia-Norte de Portugal.
  • Especialista en estudos urbanos, urbanismo, planexamento e desenvolvemento territorial.

ruben-lois-gonzalez

RUBÉN CAMILO LOIS GONZÁLEZ

  • Catedrático de Análise Xeográfica Rexional e Coordinador do grupo de investigación de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Especialista en xeografía e planeamento urbano, estudos rexionais, planificación rexional e xeografía social.
  • Foi director xeral de Turismo na Xunta de Galicia e director da Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal.

martinez-cobas

FRANCISCO XAVIER MARTÍNEZ COBAS

  • Profesor de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade de Vigo.
  • Ten un máster en Contabilidade e Auditoría de Contas e é doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. É membro do grupo de investigación Empresa Internacional e Intanxibles.
  • É experto na actividade transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal e traballa en proxectos financiados pola Deputación de Pontevedra, a Zona Franca de Vigo, o Eixo Atlántico e a Fundación Provigo.

paul-carril

VALERIÀ PAÜL CARRIL

  • Director da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal.
  • Profesor da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Doutor en Planificación Territorial e Desenvolvemento Rexional e licenciado en Xeografía pola Universidade de Barcelona.
  • Especialista en ordenación e xestión territorial.

manuel-rodriguez

MANUEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

  • Técnico da Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais para o proxecto Smart Minho.
  • Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Ten un máster en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Vigo e en Espazos Naturais Protexidos polas universidades Complutense de Madrid, Autónoma de Madrid e de Alcalá de Henares.

Villarino_Pardo_web

M. CARMEN VILLARINO PARDO

  • Doutora en Filoloxía.
  • Profesora especialista en Literatura en lingua portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.
  • Membro do Grupo Galabra (estudos culturais das comunidades de lingua portuguesa).
  • Foi Secretaria Xeral da Associação Internacional de Lusitanistas (AIL) entre 2005-2008 e, actualmente, forma parte do seu Consello Fiscal.
  • Traballa activamente nas expresións culturais da raia galego-portuguesa, sobre todo a raia seca.