Inscricións gratuitas:

Información teléfonica: 722 876 073 / 886 210 280


Culturminho, I Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo

I Foro da Cultura do Río Minho TransfronteirizoCulturminho pretende ser un lugar de encontro e debate entre axentes profesionais e o público interesado na produción cultural neste territorio.

O río Miño transfronteirizo é hoxe un espazo singular de creatividade e de xeración de iniciativas culturais innovadoras, compartidas entre ambas as marxes, como parte do desenvolvemento local transfronteirizo e queremos poñer en valor este potencial como un elemento de desenvolvemento socio-económico deste espazo común.

 

O Foro en Formato dixital

A situación actual de medidas de seguranza e distanciamento social de prevención frente á pandemia do COVID-19, danos a oportunidade de innovar a execución desta iniciativa, tal e como estaba concibida orixinariamente, experimentando novas formas de relación e debate para a xestión da cultura a nivel municipal e a nivel profesional no noso territorio.

PROGRAMA CULTURMINHO

Datas 6 a 9 de Octubro de 2020

Medio: Canle AECT Rio Minho de YouTube. Retransmisión ao vivo e dispoñibilidade posterior nesta canle e desde a web.

Horario de 17h a 18 30h (16h a 17:30h Hora local de Portugal)

Moderadores das mesas: Font Moldes, director de Radio Tui, Pilar Portela, Presidenta da Asociación Galega de Profesionais  da Xestión Cultural e Rafael Machado, Técnico de Turismo e músico.

DÍA 6 DE OUTUBRO

 

Acto Inaugural

Inauguración do Foro mediante unha breve presentación por parte de Carmela Silva, Presidenta da Deputación, Uxío Benítez,  Deputado de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos e Cooperación Transfronteiriza e AECT Río Miño e Xosé Aldea, Director de Ouvirmos, empresa encargada da realización do evento.

 

Artes e música no Río Miño
As propostas foron seleccionadas entre as actividades culturais profesionais realizadas nos 26 concellos que integran a área transfronteiriza do Río Miño.

 

DÍA 7 DE OUTUBRO

 

Cooperación e cultura no Baixo Miño. Experiencias
Casos reais de xestión cultural profesional onde xa se dá na práctica unha cooperación cultural transfronteiriza. Convidaremos os diferentes xestores e xestoras de cada beira do Miño para que falen dos procesos de cooperación transfronteiriza ata o momento, e como ven os posibles cambios que deparará a situación vixente.

 

  • Casa das Artes – Sons do Vez – Arcos de Valdevez (Intervén Nuno Soares, Responsable da Division de Desarrollo Cultural de Arcos de Valdevez).
  • Simposio de Escultura – Cerveira-Tomiño (intervén Fátima Rodríguez, Concelleira de Mocidade).
  • Folk Monção – Jardín en Monção (intervén Boaventura Rodrigues, Director do Festival)
  • Festival IKFEM da Eurocidade Tui-Valença (intervén Andrea González, Directora do Festival)
  • Ponte nas Ondas – Asociación Cultural e Pedagóxica transfronteiriza (intervén Santi Veloso, Presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica).

DÍA 8 DE OUTUBRO

 

Palabra e escena no Río Miño
As propostas foron seleccionadas entre as actividades culturais profesionais realizadas nos 26 concellos que integran a área transfronteiriza do Río Miño.

 

DÍA 9 DE OUTUBRO

 

Financiación e formación
Dúas ponencias enlazadas especificamente pensadas para ofrecer alternativas de financiamento e mostrar experiencias culturais e estratexias dixitais para programadores e axentes locais.

 

  • 17:00h: Financiación.
    Augusto Paramio – Asesor técnico. Coordinador da oficina Europa Creativa-Cultura e Punto de Cidadanía Europea na Subdirección Xeral de Cooperación Cultural coas comunidades autónomas. Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación. Ministerio de Cultura e Deportes
  • 18:30h: Formatos dixitais e RRSS para a cultura local
    Miguel Angel Cajigal – Historiador da Arte e divulgador cultural a través de @elbarroquista seguidores en twitter 62.784 Proposta: As redes sociais na difusión cultural, recursos e exemplos para entidades locais.

Obxectivos

 

A pretensión de Culturminho é reunir dixitalmente a institucións, axentes e operadores/as culturais e reflexionar sobre as potencialidades da cultura común como elemento de valor do territorio transfronteirizo. Sinerxias e necesidades, posibilidades de colaboración, creación dun espazo de intervención común, públicos compartidos… facendo especial fincapé na nova situación social que condicionará o ocio e o consumo cultural e tratando de visualizar alternativas.

  • Reunir dixitalmente axentes e actores da cultura transfronteiriza
  • Valorizar as boas prácticas culturais en eventos e proxectos
  • Facer un censo de operadores culturais profesionais no territorio da AECT Rio Minho, fomentando a interacción entre axentes.
  • Poñer en marcha formatos dixitais na cultura profesional.
  • Aumentar o número de público. Propoñemos un evento dixital e con retransmisión en streaming. O evento quedaría gravado e a disposición online.
  • Dar a coñecer o territorio da AECT Río Miño a unha maior audiencia.

 

Quen organiza?

 

O 1º Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo está organizado pola Deputación de Pontevedra, no marco do proxecto Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronterizo (Smart Minho), aprobado na primeira convocatoria do Programa Operativo España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 INTERREG V A, do que son socios a Deputación de Pontevedra, a Comunidade Intermunicipal (CIM) Alto Minho, o AECT Rio Minho e a Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER). Este proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER no marco da referida convocatoria.

 

A quen vai dirixido?

 

O público destinatario desta acción serán as persoas intervintes na xeración de produtos culturais  nos 26 municipios da AECT Rio Minho.

Serán benvidos e benvidas tamén o resto de axentes profesionais de Galicia e Portugal con intereses nesta zona.

Este foro vai permitir coñercermos en profundidade o territorio e mais os e as axentes culturais profesionais que convidaremos a participar no Culturminho, a saber:

  • Xestores/as culturais públicos
  • Xestores/as culturais privados
  • Concelleiros/as/Vereadores/as responsables de área cultural
  • Persoas responsables de infraestruturas culturais
  • Técnicos/as municipais con responsabilidades ou competencias na área cultural
  • Promotores/as de eventos
  • Produtoras de espectáculos
  • Produtoras de contidos
  • Editoras
  • Centros de ensinanzas artísticas ou técnicas relacionadas
  • Asociacións culturais relevantes
  • Empresas de subministros
  • Grupos de música
  • Agrupacións teatrais profesionais
  • Artistas plásticos/as
  • Influencers na cultura dixital e nas RRSS
  • Emprendedores/as dixitais e de comercio online relacionados coa cultura
  • Profesionais da cultura en xeral

 

AGARDÁMOSTE EN CULTURMINHO DO 6 AO 9 DE OUTUBRO