Accións

Accións

Plan de Mobilidade Sustentable

 

O Plan de Mobilidade Sustentable do Río Miño Transfronteirizo (PMST) aposta por situar ás persoas no centro da planificación dun extenso territorio: a fronteira ibérica máis transitada e a que ten un maior fluxo de vehículos de media (47%) entre España e Portugal.

 

Un plan de mobilidade sustentable consiste nun conxunto de actuacións que teñen por obxectivo implantar formas de desprazamento máis sostibles (camiñar, uso da bicicleta, uso do transporte público…) reducindo o consumo enerxético e as emisións contaminantes e logrando, ao mesmo tempo, garantir a calidade de vida da cidadanía, o desenvolvemento económico e a cohesión social.

 

O PMST é o instrumento necesario para planificar de forma racional a circulación de vehículos e persoas, atendendo ao requisitos de toda a cidadanía, capaz de impulsar os cambios necesarios na mobilidade ante o actual modelo de transporte hexemónico centrado en dar fluidez e capacidade de estacionamento aos vehículos motorizados.

Tesouros Humanos Vivos

 

En breve poderase acceder desde aquí a toda información relativa aos “Tesouros Humanos Vivos”.

Smart Minho nace co obxectivo de levar a cabo catro actividades principais, dentro das que se programarán diferentes accións para acadar esa cooperación transfronteiriza, tanto a nivel xurídico e administrativo como entre cidadanía e institucións.

Posta en marcha da Estratexia Transfronteiriza Miño 2020:

-> Identificación e toma de contacto cos colectivos implicados, tanto axentes locais e profesionais, como sociais ou outros.

-> Desenvolvemento de estratexias urbanas transfronteirizas.

-> Elaboración da axenda estratéxica de todo o territorio transfronteirizo do Miño.

Experiencias piloto de xestión conxunta da Mobilidade Urbana Sostible Transfronteiriza:

-> Desenvolvemento e implementación dun Plan Urbano de Mobilidade Sostible da área transfronteiriza.

-> Posta en funcionamento da liña compartida de transporte público entre o eixo Vigo-Tui-Valença-Oporto e avaliación da súa eficacia.

->Posta en marcha de mecanismos conxuntos de coordinación e medidas do Plan Urbano de Mobilidade Sostible da área transfronteiriza para os eventos culturais.


Dinamización de experiencias culturais conxuntas para achegar aos axentes territoriais e involucrar á poboación no proceso de cooperación:

-> Proxecto piloto sobre o patrimonio inmaterial da fronteira ‘Tesouros vivos’.

-> Proxecto piloto sobre a cultura musical transfronteiriza.

-> Foros Transfronteirizos Cultura do Territorio.


Creación dunha estrutura de cooperación estable e un modelo de gobernanza transfronteirizo (AECT Río Miño):

-> Soporte e mantemento dun equipo interinstitucional e multidisciplinar conxunto.

-> Lanzamento das accións da Estratexia Transfronteiriza Miño 2020.

-> Creación dunha estrutura de cooperación e gobernanza transfronteiriza estable.