Plan de Mobilidade Sustentable

O Plan de Mobilidade Sustentable do Río Miño Transfronteirizo (PMST) aposta por situar ás persoas no centro da planificación dun extenso territorio: a fronteira ibérica máis transitada e a que ten un maior fluxo de vehículos de media (47%) entre España e Portugal.

Un plan de mobilidade sustentable consiste nun conxunto de actuacións que teñen por obxectivo implantar formas de desprazamento máis sostibles (camiñar, uso da bicicleta, uso do transporte público…) reducindo o consumo enerxético e as emisións contaminantes e logrando, ao mesmo tempo, garantir a calidade de vida da cidadanía, o desenvolvemento económico e a cohesión social.

O PMST é o instrumento necesario para planificar de forma racional a circulación de vehículos e persoas, atendendo ao requisitos de toda a cidadanía, capaz de impulsar os cambios necesarios na mobilidade ante o actual modelo de transporte hexemónico centrado en dar fluidez e capacidade de estacionamento aos vehículos motorizados.