1

Que é Smart Minho?

Qué é Smart Minho?

A Estratexia de Cooperación Intelixente para o Río Miño Transfronteirizo – Smart Minho pretende establecer a folla de ruta para a cooperación transfronteiriza durante as vindeiras décadas e que sirva para orientar crear políticas públicas sustentables nun novo marco financeiro europeo.

 

Conta cun orzamento de 942.022,47 euros, cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

 

En total forman parte desta iniciativa 26 municipios do territorio do Miño coordinados pola Deputación de Pontevedra na parte galega e pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho na portuguesa.

 

Os concellos galegos que forman parte do proxecto son A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, O Porriño, O Rosal, Oia, Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui, mentres que pola parte lusa están Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira.

 

A finalidade é que a cooperación se converta nun motor de desenvolvemento do territorio do Miño transfronteirizo, cunha completa arquitectura institucional e programática.