1

Xornadas sobre políticas e instrumentos para o desenvolvemento do río Miño transfronteirizo

O Salón de Plenos do Concello de Tomiño acolleu o 18 de novembro ‘Os Investimentos Territoriais Integrados (ITI) como oportunidade para o desenvolvemento do territorio transfronteirizo’ e o 19 de novembro ‘Boas prácticas para a gobernanza da cooperación territorial’.




Día histórico para os concellos transfronteirizos de Pontevedra e do norte de Portugal co nacemento da nova AECT Rio Minho

A presidenta da Deputación Carmela Silva e o presidente da CIM José María Costa formalizaron este sábado 24 de febreiro o convenio e os estatutos de constitución da nova entidade pública.




O grupo de traballo da AECT revisa os proxectos postos en marcha

O Grupo de Traballo da Agrupación de Cooperación Territorial do Río Miño reúnese este mércores 24 de xaneiro na sede da CIM Alto Minho e futura sede da AECT Río Miño.




A xuntanza de Melgaço e Arbo pon fin á primeira rolda de reunións do Smart Minho

Representantes da Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho, promotores da Estratexia de Cooperación Intelixentes do Río Miño Transfronteirizo-Smart Minho, manteñen unha reunión de traballo co presidente da cámara municipal de Melgaço, Manoel Batista Calçada, e co alcalde de Arbo, Horacio Gil.




A Guarda, O Rosal e Caminha reúnense para mellorar a eficiencia da cooperación transfronteiriza

Representantes da Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho e o equipo técnico do proxecto Smart Minho manteñen unha xuntanza de traballo cos alcaldes de A Guarda e O Rosal, Antonio Lomba e Jesús María Fernández Portela, respectivamente, e co presidente da cámara municipal de Caminha, Miguel Alves.




O Smart Minho reúne a Monçao, Salvaterra e As Neves para traballar en cooperación

Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho e o equipo técnico do proxecto Smart Minho manteñen unha reunión de traballo co presidente da cámara municipal de Monçao, António José Fernandes Barbosa, e os alcaldes de Salvaterra de Miño e As Neves, Arturo Grandal e Xosé Manuel Rodríguez, respectivamente.




Xuntanza de traballo entre equipo do Smart Minho e os concellos de Valença e Tui

Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho e o equipo técnico do proxecto Smart Minho manteñen unha reunión de traballo co presidente da cámara municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.




Xuntanza de Vila Nova de Cerveira e Tomiño con Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho

O concello de Tomiño e a cámara municipal de Vila Nova de Cerveira, primeiros municipios en participar nas xuntanzas de traballo para coñecer os detalles do proxecto Smart Minho.