Datos e Medidas de contención en Galicia e Portugal

Clica nunha área do mapa COVIDMiño para obter información do número de casos e incidencia acumulada, actualizados con data de 12/03/2021 as 10:30

Oia O Rosal A Guarda Tomiño Tui O Porriño Salceda de Caselas Salvaterra do Miño As Neves Arbo Crecente A Cañiza Covelo Mondariz-Balneario Mondariz Ponteareas Caminha Viana do Castelo Ponte de Lima Ponte da Barca Arcos de Valdevez Vila nova de cerveira Valença Paredes de coura Monção Melgaço

Niveis de risco segundo a incidencia cumulativa:

Baixa: < 25

COVIDMiño_240 Moderada: 25 a 240

COVIDMiño_240_480 Alta: 240 a 480

COVIDMiño_480_960 Moi alta: 480 a 960

COVIDMiño_960 Extrema: > 960

COVIDMIÑO

COVIDMiño quere ser unha ferramenta útil para manter informada á poboación sobre a evolución da pandemia nos territorios galegos e portugueses á beira do río Miño.

Esta páxina recolle os datos actualizados do Covid-19 en base a fontes oficiais e achega á cidadanía as diferentes medidas sobre cuestións como a mobilidade laboral, réxime de apertura de hostalaría e restauración, educación e situación escolar, comercio e outras consideracións socio-sanitarias.

A información veraz e contrastada forma parte do proxecto Smart Minho favorecendo a cohesión social e territorial dos concellos do río Miño transfronteirizo.

Datos e Medidas de contención en Galicia e Portugal

Os datos e as medidas de aplicación en Galicia e Portugal presentes no COVIDMiño están actualizadas con data de 12/03/2021 as 10:30

Impacto do peche da fronteira

O AECT Río Minho e os concellos dos territorios transfronteirizos están recollendo datos co obxecto de reclamar dos gobernos dos estados portugués e español unha compensación polos prexuizos económicos causados á poboación destes territorios polo peche da fronteira dende o 31 de xaneiro de 2021.

COVIDMiño: medidas de contención no Sur de Galicia e Norte de Portugal

As actuáis medidas de aplicación en Galicia e Portugal entraron en vigor o 26 de febreiro (Galicia) e o 31 de xaneiro (Portugal).

Peche da fronteira entre Galicia e Portugal. Pasos autorizados para quen o acredite debidamente:

  • Todos os días 24 horas: Tui – Valença do Minho
  • Luns a venres de 7:00 a 10:00 e de 18:00 a 21:00 horas: Salvaterra do Miño-Monçao e Arbo-Melgaço.

 

Medidas de prevención específicas en Galicia

 

Todos os concellos da raia atópanse en nivel 3 de incidencia, agás Oia que se atopa en nivel 2.

O goberno galego decretou un conxunto de medidas extraordinarias para conter a propagación da pandemia que, dende o venres 26 de febreiro, aplícanse do seguinte xeito:

  • Nivel 1: Concellos con incidencia superior a 500 a 14 días por 100.000 habitantes manterán as restricións actuais:
    • Mobilidade só no concello.
    • Hostalería pechada.
    • Reunión restrinxidas a só conviventes.
  • Nivel 2: Concellos con incidencia entre 250 e 500 a 14 días
    • Mobilidade entre estes municipio: a poboación poderá desprazarse aos concellos limítrofes que se atopen na súa mesma situación.
    • A hostalaría poderá abrir as súas terrazas ata o 50% de ocupación e ata as 18:00 horas.
    • As reunións sociais permitirán xuntanzas de ata 4 persoas non conviventes.
    • Deporte: grupos máx. 4 e apertura de instalacións deportivas.
  • Nivel 3: Concellos con incidencia inferior a 250 a 14 días
    • Mobilidade entre estes municipios : a poboación poderá desprazarse aos concellos limítrofes que se atopen na súa mesma situación.
    • A hostalaría poderá abrir ata un 30% en interior e un 50% en terrazas ata as 18:00 horas.
    • As reunións sociais permitirán xuntanzas de ata 4 persoas non conviventes.
    • Deporte: grupos máx. 4 e apertura de instalacións deportivas como ximnasios e piscinas.
  • En toda Galicia:
    • A Comunidade segue pechada perimetralmente.
    • Limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno: Mantense o toque de queda ás 22:00 horas. Durante o período comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade, asistencia a centros sanitarios, cumprimentos de obrigas laborais e asistencia e coidado de persoas dependentes.
    • As clases presenciais na universidade retomaranse o luns 1 de marzo.
    • Os centros comerciais poderán volver abrir tamén nas fins de semana a partir do 27 de febreiro.

 

Podes ampliar a información presente no COVIDMiño na páxina do Sergas

 

Medidas de prevención específicas en Portugal

 

O goberno portugués decretou un conxunto de medidas extraordinarias para conter a propagación da pandemia que se aplican en todo o territorio:

As medidas estarán en vigor entre as 00:00h do día 31 de xaneiro de 2021 e as 23:59h do día 14 de febreiro de 2021.

 

  • Limitación aos traslados de cidadáns portugueses para fóra do territorio continental, efectuadas por calquera vía, sen prexuízo das excepcións previstas no Decreto.
  • Restablecemento do control de persoas nas fronteiras terrestres, nos termos previstos no Decreto.
  • Posibilidade de suspensión de voos e de determinación de confinamento obrigatorio de pasaxeiros á chegada.
  • Deber xeral de recollida a domicilio, excepto para un conxunto de viaxes autorizados:
    • compra de bens e servizos esenciais,
    • realización de actividades profesionais cando non hai teletraballo,
    • participación no ámbito da campaña electoral ou a elección do presidente da República,
    • asistencia a establecementos escolares, cumprimento do reparto de responsabilidade parental,
      outras.
  • Confinamento obrigatorio para persoas con COVID-19 ou baixo vixilancia activa.
  • Adopción obrigatoria do réxime de teletraballo, sempre que as funcións en cuestión o permitan, sen necesidade de acordo entre as partes, non é obrigatorio o teletraballo para os traballadores de servizos esenciais.
  • Peche dunha ampla gama de instalacións e establecementos, incluíndo actividades culturais e de lecer, actividades deportivas e balnearios.
  • A suspensión das actividades educativas e letivas de todos os establecementos de ensino ata ao día 5 de febreiro. Estas actividades serán retomadas a partir do día 8 de febreiro en réxime non presencial.
  • Suspéndense as actividades de venda polo miúdo e prestación de servizos en establecementos abertos ao público, a excepción dos establecementos autorizados.
  • Restauración: operan exclusivamente para entrega a domicilio ou para levar.
  • Os servizos públicos proporcionan servizo presencial só con cita previa.
  • Permítese o funcionamento de feiras e mercados só para a venda de produtos alimenticios.
  • Prohíbese as celebracións e outros eventos, excepto as cerimonias e actos relixiosos.

 

Podes ampliar a información presente no COVIDMiño na páxina da Dirección Nacional de Saúde