1

Xunta extraordinaria do grupo de traballo da AECT Río Miño

O Grupo de Traballo da Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño celebra unha xunta extraordinaria este martes 30 de xaneiro na localidade portuguesa de Valença na sede da CIM Alto Miño, futura sede da AECT.




Xunta do grupo de traballo da AECT Río Miño

O Grupo de Traballo da Agrupación de Cooperación Territorial do Río Miño reúnese este mércores 24 de xaneiro na sede da CIM Alto Minho e futura sede da AECT Río Miño.




A primeira rolda de reunións do Smart Minho remata coa xuntanza de Melgaço, Arbo e Crecente

Representantes da Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho, promotores da Estratexia de Cooperación Intelixentes do Río Miño Transfronteirizo-Smart Minho, manteñen unha reunión de traballo co presidente da cámara municipal de Melgaço, Manoel Batista Calçada, e cos alcaldes de Arbo e Crecente, Horacio Gil e Julio C. García-Luengo.




A Guarda, Caminha e O Rosal reúnense para mellorar a eficiencia de cooperación transfronteiriza

Representantes da Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho e o equipo técnico do proxecto Smart Minho manteñen unha xuntanza de traballo cos alcaldes de A Guarda e O Rosal, Antonio Lomba e Jesús María Fernández Portela, respectivamente, e co presidente da cámara municipal de Caminha, Miguel Alves.




O Smart Minho reúne a Monçao, Salvaterra e As Neves para traballar en cooperación

Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho e o equipo técnico do proxecto Smart Minho manteñen unha reunión de traballo co presidente da cámara municipal de Monçao, António José Fernandes Barbosa, e os alcaldes de Salvaterra de Miño e As Neves, Arturo Grandal e Xosé Manuel Rodríguez, respectivamente.




Xuntanza de traballo entre equipo do Smart Minho e os concellos de Valença e Tui

Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho e o equipo técnico do proxecto Smart Minho manteñen unha reunión de traballo co presidente da cámara municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.




Presentación do Smart Minho aos concellos de Cerveira e Tomiño

Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho presentan o proxecto Smart Minho ao presidente da cámara municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa do concello de Tomiño, Sandra González