1

Sinatura do convenio de constitución da AECT Río Miño

Tras a autorización por parte dos gobernos español e portugués dos textos constitutivos da Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño, as institucións promotoras da Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronteirizo sinarán o convenio de constitución da AECT.

Na sinatura estará presente a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o presidente do CIM Alto Minho, José Maria Costa.

Asistirán representantes dos estados español e portugués, autoridades autonímicas, alcaldes e presidentes dos 26 concellos e cámaras que aglutina a AECT e personalidades e representantes da sociedade civil.




Xunta extraordinaria do grupo de traballo da AECT Río Miño

O Grupo de Traballo da Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño celebra unha xunta extraordinaria este martes 30 de xaneiro na localidade portuguesa de Valença na sede da CIM Alto Miño, futura sede da AECT.




Xunta do grupo de traballo da AECT Río Miño

O Grupo de Traballo da Agrupación de Cooperación Territorial do Río Miño reúnese este mércores 24 de xaneiro na sede da CIM Alto Minho e futura sede da AECT Río Miño.