1

Reunión GDRs-ADRIMINHO

Reunión que contará coa presenza de Xavier Martínez Cobas e Manuel Rodríguez Rodríguez, membros do equipo científico do Smart Minho.

Hora: 12.00 h (hora portuguesa), ás 13.00 h (hora galega)
Lugar: Valença




Sinatura do convenio de constitución da AECT Río Miño

Tras a autorización por parte dos gobernos español e portugués dos textos constitutivos da Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño, as institucións promotoras da Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronteirizo sinarán o convenio de constitución da AECT.

Na sinatura estará presente a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o presidente do CIM Alto Minho, José Maria Costa.

Asistirán representantes dos estados español e portugués, autoridades autonímicas, alcaldes e presidentes dos 26 concellos e cámaras que aglutina a AECT e personalidades e representantes da sociedade civil.