Proxecto

image_pdfimage_print

A Estratexia de Cooperación Intelixente para o Río Miño Transfronteirizo – Smart Minho é un proxecto do que son socios a Deputación de Pontevedra (beneficiario principal), a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais. Busca establecer a folla de ruta para a cooperación transfronteiriza durante as vindeiras décadas.

 

O proxecto está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

 

O ámbito de intervención do proxecto comprende 26 municipios:

  • 16 galegos: A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, O Porriño, O Rosal, Oia, Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.
  • 10 portugueses: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira.

Mapa - Concellos implicados no SmartMinho

Obxectivos

Mellorar a eficiencia da cooperación institucional na área transfronteiriza do río Miño.

Accións

Catro accións para acadar a cooperación transfronteiriza, tanto a nivel xurídico e administrativo como entre cidadanía e institucións.

Documentación

Información da imaxe corporativa, descarga de elementos gráficos e documentación oficial do proxecto.

X