image_pdfimage_print

POLÍTICA PROTECCIÓN DE DATOS

 

 

De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e nas disposicións normativas estatais de aplicación, informámoslle de que os seus datos persoais serán incluídos nun ficheiro responsabilidade da DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, con domicilio no Pazo Deputación Provincial, Avda. Montero Ríos s/n, 36071 (PONTEVEDRA), coa finalidade de mantelo/a informado/a sobre iniciativas, servizos, noticias ou eventos relacionados co desenvolvemento dos programas 0256_SMART_MINO_1_E e 0044_VISIT_RIO_MINHO_1_P, cofinanciados polo FEDER ao 75% dentro da convocatoria de axudas do programa de Cooperación Territorial INTERREG ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020, que poidan ser do seu interese por calquera medio de contacto, incluídos os electrónicos.

 

Os correos electrónicos enviados poderán incluír enlaces asociados ao seu enderezo. Deste xeito, ao acceder aos enlaces contidos no correo, poderemos coñecer a efectos estatísticos se vostede abre o correo ou accede aos enlaces enviados. Poderá impedir estes usos configurando o seu xestor de correo electrónico para impedir a descarga automatizada de documentos, así como non accedendo aos enlaces incluídos nos correos electrónicos que reciba.

 

A base xurídica que lexitima o tratamento é o seu consentimento expreso.

 

DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA informa que procederá a tratar os datos de forma lícita, leal, transparente, axeitada, pertinente, limitada, exacta e actualizada.

 

Os seus datos serán conservados indefinidamente mentres non revoque o consentimento prestado ou solicite a cancelación/supresión dos seus datos ou  a oposición ao tratamento.

 

Poderá revocar o seu consentimento, así como exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación/supresión, oposición, limitación e portabilidade a través de correo postal á dirección indicada ou por correo electrónico á dirección info@depo.gal, aportando fotocopia do seu DNI ou documento equivalente e identificándose como subscritor/a da Newsletter, utilizando a mesma conta de correo coa que se rexistrou.

 

Así mesmo, se considera que os seus datos teñen sido tratados de forma non axeitada, poderá manifestalo a través do formulario de contacto dispoñible na páxina “Delegado/a de protección de datos na Deputación de Pontevedra” ou poderá presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos (C/ Jorge Juan, 6. 28001 – Madrid www.agpd.es).

X