Leonor Rodrigues

 

Vida na montaña

 

Leonor Rodrigues naceu na freguesía melgaçense de Castro Laboreiro no ano 1965, no seo dunha familia que sempre viviu na serra. Agora é unha das poucas, practicamente a única, que aínda vive alí e segue a manter a forma de vida tradicional da montaña.  O seu pai emigrou a Francia mentres que a súa nai, Isalina Fernandez, adicábase maiormente á gandería, criando animais que vendían na feira. Na actualidade aínda teñen dúas vacas pero, ao non haber feira na freguesía, son os compradores e compradoras quen veñen á súa casa a levar os animais.