José Ramón Rocha

 

A pesca e o río

 

José Ramón naceu nas Neves no ano 1945. Comezou a ir ao río dende neno, acompañado polo seu pai, que o iniciou no mundo da pesca e lle ensinou os seus segredos. Anos despois de emigrar a Francia volveu á vila para realizar diferentes traballos pero o río xa pasara a converterse nunha afección, non unha actividade económica real da que sacar proveito. É unha das poucas persoas que domina a técnica da construción das artes que se usan no río,  coma o voitirón ou viturón, a cabaceira, o alxerife, o trasmallo, as redes dun pano, a chumbeira ou as nasas.