Joaquim Vasques
Cantiga, festa e romaría
Joaquim naceu en São Paulo no ano 1919, debido a que o seu pai emigrara a Brasil con anterioridade. De volta a Portugal, cando faleceu o seu proxenitor, aprendeu de xeito autodidacta a tocar a concertina, escoitando a música dunha gramola. Compaxinaba esta afección co taller de bicicletas que abriu en Vila Praia de Ancora.
Empezou coa concertina con dezanove anos tocando viras, chulas, gotas, mallãos e cantares á moda do Minho. Posteriormente aprendeu a tocar o acordeón para fundar unha orquestra coa que percorreu as romarías de todo Portugal e o sur de Galiza, tocando tangos, boleros e pasodobres. Escoitaba as pezas nas localidades ás que acudía ou nos medios de comunicación e aprendíaas de memoria , xa que nunca soubo ler as partituras. Joaquim ensináballas aos membros das orquestras e agrupacións folclóricas nas que tocou. Tratábanse de pezas tanto tradicionais como modernas.
Joaquim trasladou a súa paixón pola música ao seu fillo, Quim Barreiros, que conta cunha longa traxectoria musical e acadou o éxito popular gracias ao tema A Cabritinha.