Gloria de Jesus Dacunha

 

Gastronomía

 

Gloria naceu en Parada de Monte, unha poboación de montaña do concello de  Melgaço, no ano 1947. O seu pai era emigrante e a súa nai rexentaba unha escola. Estudou maxisterio e empezou a percorrer a xeografía do norte, sendo profesora da Telescola, apoio de programas da televisión nacional á práctica docente.

 

Máis adiante trasladouse  ao concello de Caminha e comezou a pescar co seu marido. Alí aprendeu a secar o peixe coa súa sogra para conservalo e que durase todo o ano. Sollas, sabeis, sabellas, muxos, negrois e taiñas  son os peixes que se secaban en Caminha, mentres que os robalos e as lampreas non se secaban nesa zona.

 

As técnicas de secado do peixe naceron en tempo inmemorial, cando as xentes raianas facían abundante provisión de peixe e trataban de consérvalo para as épocas de escaseza.

 

Gloria conserva estas técnicas ancestrais ademais de transmitilas, xa que ensinou a moita xente nova a secar peixe durante a súa estadía na organización da Festa da Solla, que se celebra tódolos setembros en Seixas, freguesía de Caminha.