Divina Iglesias

 

Gastronomía

 

Divina naceu nas Neves no ano 1949. A súa familia materna era propietaria do restaurante da estación do tren desde 1911 e alí aprendeu a cociñar as especies de peixes que se capturaban no río Miño.

 

Emigrou na compaña do seu marido e facían coincidir as vacacións coa época da pesca, na que realizaban tarefas na pesqueira ou cosían as redes.

 

Divina, tras a súa aprendizaxe familiar, foi quen de transmitirlle os saberes da  cociña tradicional á seguinte xeración, evitando que se perderan. Mantivo as receitas tradicionais de cociñado da lamprea, facéndoa guisada, seca e rechea. O secado da lamprea era feito por ela mesma, afumándoa nunha lareira grande queimando leña seca.