e-bike Rio Minho

e-bike Rio Minho

e-bike Rio Minho

Dentro dun conxunto de políticas públicas de planificación e desenvolvemento sustentábel, onde se inclúe a promoción de carrís bici, acreditando a importancia que ten para a calidade de vida das comunidades, o AECT Rio Minho, en sociedade asociación coas Eurocidades Cerveira-Tomiño, Tui-Valença e Monção-Salvaterra, promove o proxecto de mobilidade suave sustentábel: e-bike Rio Minho (sistema compartido de bicicletas eléctricas), no ámbito do proxecto Smart_Miño, co-financiado polo Interreg V-A.

Esta rede de mobilidade suave -non contaminante- para transporte de persoas no traballo ou no lecer, como alternativa válida ou complementar de desprazamento aos modos de transporte existentes, contribuirá a:

  • beneficios evidentes para a saúde pública, a través do exercicio físico que promove entre os seus usuarios e o conseguinte benestar das persoas que o adoptan;
  • mellorar a mobilidade, liberando espazo público para outras funcións;
  • redución do ruído e consecuentemente da polución sonora;
  • redución significativa de gases contaminante nas áreas urbanas, reducindo a dependencia dos combustíbeis de fósiles e mellorando considerabelmente a calidade do aire que respiramos.

Como funciona:

  1. Rexístrate nun dos puntos de atención, obtén a túa tarxeta de usuario, ou descarga a aplicación e-bike Rio Minho en Glooge Play Store o Apple Store.
  2. Pasa a tarxeta de usuario e-bike Rio Minho polo lector, marcado en verde para desbloquear ou activar a bicicleta usando a aplicación;
  3. Após do sinal sonoro, tes 30 segundos para retirar a bicicleta (se detectas algunha anomalía, tes 5 minutos para cambiar de bicicleta);
  4. Cada usuario ten unha duración máxima de 3 horas diarias (consecutivas ou non, e só pode levantar outra bicicleta despois de 15 minutos);
  5. Volve colocar a bicicleta na estación física e/ou virtual ao final de cada uso e comproba se está en condicións de ancoraxe segura (no caso de utilizar a estación virtual o usuario está obrigado a verificar na APP e-bike Rio Minho que o sistema recoñece a entrega da bicicleta coa mensaxe “Grazas/Thank you“, ou verificar que a luz do lector da bicicleta está en verde).

Horario de funcionamento:

Xuño – setembro: Todos os días, 9:00-21:00 horas (hora GL).

Outubro – maio: Todos os días, 9:00-17:30 horas (hora GL).

Pechado: 1 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro.

Proba:

Será posíbel nos puntos de atención efectuar unha proba e experimentar o sistema por un curto período (máximo 10 minutos), nunha ruta predefinida e sen necesidade de rexistro.

Puntos de atención:

Eurocidade Cerveira – Tomiño:

Posto de Turismo de Vila Nova de Cerveira

Luns-sábado, 9:30-13:00 horas / 14:00-17:30 horas (hora PT)

Tlf. +351 251 708 023

Casa do Concello de Tomiño

Luns-venres, 8:00-14:00 horas (hora GL)

Tlf. +34 986 622 001

Eurocidade Tui – Valença:

Piscina Municipal Valença

Luns-venres, 9:00-18:00 horas (hora PT)

Sábados, das 9:00-14:00 horas (hora PT)

Tlf. +351 251 809 523

Oficina de Turismo de Tui

Todos os días, 9:30-14:00 horas / 16:00-19:00 horas (hora GL)

Tlf. +34 677 418 405

Eurocidade Monção – Salvaterra:

Loja Interativa de Turismo Monção

Todos os días, 10:00-13h00 / 14:00-18:00 horas (hora PT)

Tlf. +351 251 649 013

Posto de Informação Turística da Zona Ribeirinha Monção

Luns a venres, das 9:00-13:00 horas / 14:00-17:00 horas (hora PT)

Tlf. +351 961 146 871

Casa do Concello de Salvaterra de Miño

Luns-venres, 9:00 – 14:00 horas (hora GL)

Tlfs. +34 986 658 126 / 986 658 082

Museo da Ciencia do Viño

Venres, sábados, domingos e festivos, 11:00 – 14:00 horas / 17:00-19:00 (hora GL)

Tlf. +34 617 148 866

Usuarios:

Usuarios Puntos de atención Documentos Observacións
Veciños dos concellos de Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira, Salvaterra de Miño, Tui e Tomiño de 18 anos ou máis. No seu concello de residencia. DNI
Certificado de empadroamento
Asinar normas de uso
Pode optar por empregar a App ou facer unha tarxeta de usuario.
Residentes no territorio do AECT Rio Miño de 18 anos ou máis. Nun dos puntos de atención no seu país de residencia (portugueses en PT e galegos en GL) DNI
Certificado de empadroamento
Asinar normas de uso
Pode optar por empregar a App ou facer unha tarxeta de usuario.
Entidades públicas e privadas con sede en Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui. No concello onde a entidade está rexistrada DNI do representante
Documento que acredite dita representación
Asinar normas de uso
Teñen dereito a un máximo de 3 tarxetas por entidade
Usuarios puntuais Debe usar obrigatoriamente a App e-bike Rio Minho cun depósito de 150 € que se retira automaticamente da tarxeta de crédito asociada e devólvese 48 horas despois do uso, se non hai danos no equipo.

Estacións e perímetro de uso:

* O uso das bicicletas eléctricas e-bike Rio Minho está circunscrita ás zonas identificadas no mapa.

 

** As bicicletas deben entregarse nunha das estacións da eurocidade onde comezou a viaxe.

Libro de reclamacións online:

En caso de reclamación, por favor, cubrir online:

 

Libro de reclamacións