Inscripción gratuitas:

Información teléfonica: 722 876 073 / 886 210 280


Culturminho, I Foro da Cultura do Río Minho Transfronteirizo

I Foro da Cultura do Río Minho TransfronteirizoPretende ser un lugar de encontro e debate entre axentes profesionais e o público interesado na produción cultural neste territorio.

Os territorios transfronteirizos do río Minho son hoxe un espazo singular de creatividade e de xeración de iniciativas culturais innovadoras, compartidas entre ambas as marxes, como parte do desenvolvemento local transfronteirizo e queremos poñer en valor este potencial como un elemento de desenvovlemento socio-económico deste espazo común.

 

O Foro en Formato dixital

A situación actual de medidas de seguranza e distanciamento social de prevención frente á pandemia do COVID-19, danos a oportunidade de innovar a execución desta iniciativa, tal e como estaba concibida orixinariamente, experimentando novas formas de relación e debate para a xestión da cultura a nivel municipal e a nivel profesional no noso territorio.

As persoas convidadas intervirán desde o seu domicilio ou lugar de traballo, as entrevistas e os debates serán emitidas ao vivo por YouTube e ficarán online para poder ser visualizadas baixo demanda posteriormente.

 

¿A quen vai dirixido?

O público destinatario desta acción serán as persoas intervintes na xeración de productos culturais nos 26 municipios que forman parte do AECT do Rio Minho:

  • Xestores/as culturais públicos e privados, Concelleiros/as/Vereadores/as responsables de área cultural, persoas responsables de infraestruturas culturais e técnicos/as municipais con responsabilidades ou competencias na área cultural.
  • Empresas de subministros, promotores/as de eventos, produtoras de espectáculos, produtoras de contados, editoras.
  • Asociacións culturais relevantes e centros de ensinanzas artísticas ou técnicas relacionadas.
  • Grupos de música, agrupacións teatrais profesionais, artistas plásticos/as ou Influencers na cultura dixital e nas RRSS.
  • Emprendedores/as dixitais e de comercio online relacionados coa cultura e profesionais da cultura en xeral.

PROGRAMA PROVISIONAL (suxeito a cambios):

Datas 6 a 9 de Octubro de 2020

Medio: Canle AECT Rio Minho de YouTube Retransmisión ao vivo e dispoñibilidade posterior nesta canle e desde a web.
Horario de 17h a 18 30h (16h a 17:30h Hora local de Portugal)

DÍA 6 DE OUTUBRO

Acto de apertura
Artes e música no Baixo Miño.
Selección das actividades culturais profesionais realizadas nos concellos que integran a área transfronteiriza do Río Miño.
Exposición das experiencias e posterior debate.

  • Lego Fan Weekend. Paredes de Coura
  • Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira
  • Festival de Cans. O Porriño
  • Entre Margens. Caminha – A Guarda

DÍA 7 DE OUTUBRO

Cooperación e cultura no Baixo Miño. Experiencias.
Escolma de casos de xestión cultural profesional onde xa se dá na práctica unha cooperación cultural transfronteiriza. Convidaremos os diferentes xestores e xestoras de cada beira do Miño para que falen dos procesos de cooperación transfronteiriza ata o momento, e como ven os posibles cambios que deparará a situación vixente.

  • Festival IKFEM da Eurocidade Tui-Valença
  • Ponte nas Ondas – Asociación Cultural e Pedagóxica transfronteiriza
  • Folk Monção
  • Simposio de Escultura. Cerveira-Tomiño

DÍA 8 DE OUTUBRO

Palabra e escena no Baixo Miño.
As propostas foron seleccionadas entre as actividades culturais profesionais realizadas nos 26 concellos que integran a área transfronteiriza do Río Miño.
Exposición das experiencias e posterior debate.

  • As Comedias do Minho. Paredes de Coura
  • Museo do Cinema Melgaço, JeanLoupPassek
  • Festival de Poesía do Condado. Salvaterra de Miño
  • Play-Doc. Tui

DÍA 9 DE OUTUBRO

Financiación e formación.

Financiación
Panel para ofrecer alternativas de financiamento medinate a exposición de programas existentes financiados con fondos europeos

Formatos dixitais e RRSS para a cultura local.
Panel para mostrar experiencias culturais e estratexias dixitais para programadores e axentes locais.
As redes sociais na difusión cultural, recursos e exemplos para entidades locais.
Horario: 17h Mesa de financiación e 18h Mesa de formación (16h e 17h Hora local de Portugal).