Estratexia do Río Miño transfronteirizo 2030
A elaboración da Estratexia de Cooperación Intelixente para o territorio do río Miño transfronteirizo busca fomentar a creación do emprego, a cohesión social e territorial e o benestar cidadán a través de políticas concertadas de promoción, valorización e desenvolvemento dos recursos e potencialidades do territorio común. Tamén procura a innovación, o fomento do emprendemento e da igualdade de oportunidades.
O río que nos une
Esta é a primeira vez que se realiza unha análise e diagnose profunda sobre as necesidades e potencialidades desta área xeográfica, entendendo o Miño como a columna que vertebra este territorio e non como un elemento que o separa, polo que este será un documento histórico que marcará as liñas de actuación en materia de cooperación no territorio para a próxima década.
Aquí podes descargar a Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030